Proxecto compartido

Gustaríanos contar coa túa axuda. A Iniciativa Cidadá Ames Novo é un proxecto que facemos en común, unha alternativa que construímos entre toda a xente de Ames.

Nós non dispoñemos axudas de bancos, nin de grandes empresas, nin admitimos o apoio de ninguén que busque prebendas nun futuro goberno de Ames. Só contamos co apoio da xente coma ti, que quere cambiar o desastre do goberno do PP e ten ilusión de abrir un tempo novo no que a cidadanía sexa a protagonista.

Moitas cousas que facemos valen cartos e por iso queremos pedir a túa axuda. A nosa campaña si que é austera, e mide milimetricamente cada gasto -e rende todas as contas-, pero ten gastos.   Necesitamos financiar este proxecto coas contribucións como a túa. Se podes botar unha man, aínda que sexa pequena, agradecemolo moito e valorámolo moito. Neste momento temos á venda bonos de 10€, por favor contribúe.

A nosa campaña está feita tamén con outras achegas, das capacidades e o esforzo das persoas que nos axudan, ademáis de cartos precisamos xente que apoie co seu traballo, coa súa creatividade, coas súas ideas.

Hai moitas cousas nas que nos podes axudar, por exemplo se sabes de deseño gráfico, de arquitectura WEB, de xestión de redes sociais, se sabes pintar ou outras cousas que poidan axudarnos a construír e difundir a nosa iniciativa. Podes colaborar de xeito voluntario algunhas horas para distribuír e difundir as nosas propostas. Encantaríanos contar contigo. Esta é unha iniciativa cidadá e faise en común, contando co esforzo e coa creatividade da xente de Ames. Calquera achega é boa, por moi pequena que che pareza, para nós é moi importante. Trátase dun proxecto compartido.