Programa colaborativo

A Iniciativa Cidadá Ames Novo está a elaborar o seu programa para gobernar o Concello de Ames. Como no resto das nosas actuacións, a participación cidadá é fundamental para que sexa un auténtico programa que reflicta os desexos e inquedanzas de toda a cidadanía.

A túa achega é a máis importante. Gustaríanos que nos trasladases as túas inquedanzas, as túas ideas, as túas propostas.  Este é o momento para definir cómo queremos que sexa o novo Ames. Somos unha Iniciativa Cidadá que se nutre das forza e das ideas da xente de Ames, o noso é un proxecto colaborativo que facemos entre todos e todas.

PARTICIPA NO PROGRAMA COLABORATIVO CLICANDO AQUÍ

Animámoste tamén a participar nas reunións dos grupos de traballo de cada área ou facernos chegar as túas opinións ou propostas ao correo electrónico amesnovo@amesnovo.org