Asembleas

As asembleas da Iniciativa Cidadá Ames Novo son foros de discusión e debate abertos a calquera cidadán que queira acudir. Convocánse cunha periodicidade mínima trimestral, e son o órgano supremo de toma de decisións sobre todas as cuestións importantes que atinxen a nosa actividade política. Para ser membro da Asemblea só tes que acudir a unha delas e inscribirte co teu nome e correo electrónico.