static/images/logo-AN-r.jpg

Propuesta:

Descrición

Promover a creación de empresas realmente —e non só nominalmente— sustentables e resilientes mediante un programa específico de posta en marcha deste tipo de empresas a partir dun ciclo de formación sobre o Peak Oil para os seus promotores.

Centrar os apoios que o Concello dea a iniciativas empresariais, naquelas que demostren unha dependencia mínima do petróleo e unha máxima eficiencia e aforro enerxéticos, reducindo os destinados ás máis dependentes e menos eficientes.

Incorporar unha avaliación de sustentabilidade e resiliencia fronte ao Teito do Petróleo ao proceso de selección de empresas de nova creación que poidan recibir asesoramento ou apoio do Concello.

Efectos positivos adicionais

  • :-) Incidencia positiva na creación de emprego.
  • :-) Fomentará a creación de novas empresas.

Impactos negativos que diminúe

  • :-( Evitará desbaldir recursos públicos no apoio a empresas que se verán en dificuldades nun mundo pospetróleo.
Comparte a proposta

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía de Ames poidamos contribuír ao programa da Iniciativa Cidadá Ames Novo.

Rexístrate e presenta aquí a túa proposta, debate, valora, comenta ou suxerire melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada proposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.