static/images/logo-AN-r.jpg

4

Propuesta:

Descrición

Crear unha moeda complementaria local respaldada polo concello coa colaboración das agrupacións de empresas e comerciantes. Ofrecer como referencia lexitimadora outras moedas locais que levan tempo funcionando (Totnes Pound, Ithaca Hours, Toronto Dollars, etc.). Defender a súa contribución para fornecer liquidez a empresas con capacidade pero escasas de financiamento (sistema de crédito mutuo).

Efectos positivos adicionais

  • :-) Daralle pulo á economía local autocentrada.
  • :-) Mobilizará recursos humanos non integrados na economía “oficial”.

Impactos negativos que diminúe

  • :-( Evitará que se paralicen os intercambios monetarios en caso de colapso financeiro do euro, posibles curraliños, etc.

Outras medidas relacionadas

Sería importante empregar a moeda local noutras moitas medidas.

Referencias (bibliografía, etc.)

Comparte a proposta

1
Comentario de Manuel Casal Lodeiro
Como vedes tamén o propoñen para unha cidade como Barcelona, dando referencias de sitios onde se está a experimentar con éxito a soberanía monetaria: http://www.20minutos.es/noticia/2458325/0/ada-colau-bcomu/creacion-moneda-propia/reactivar-comercio-local/

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía de Ames poidamos contribuír ao programa da Iniciativa Cidadá Ames Novo.

Rexístrate e presenta aquí a túa proposta, debate, valora, comenta ou suxerire melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada proposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.