static/images/logo-AN-r.jpg

Propuesta:

Descrición

Reforzar o comercio de proximidade, sobre todo o alimentar e de produtos de primeira necesidade. Contribuír ao estabelecemento de redes locais de subministro. Favorecer a apertura de comercios deste tipo de produtos nas parroquias rurais e nas urbanizacións onde viva un número importante de persoas, como Aldea Nova.

Eliminar os posibles apoios económicos que houber aos centros comerciais non integrados dentro das cidades e dependentes do coche, derivándoos cara ao apoio ao comercio de proximidade.

Efectos positivos adicionais

  • :-) Incidencia positiva na creación de emprego.
  • :-) Aumento da resiliencia xeral da cidade.
  • :-) Favorecerá un menor uso do coche.

Impactos negativos que diminúe

  • :-( Evitará problemas de desprazamento e transporte cando o prezo do combustible sexa prohibitivo.
Comparte a proposta

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía de Ames poidamos contribuír ao programa da Iniciativa Cidadá Ames Novo.

Rexístrate e presenta aquí a túa proposta, debate, valora, comenta ou suxerire melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada proposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.