static/images/logo-AN-r.jpg

Propuesta:

Descrición

Estimular a innovación orientada ás oportunidades de negocio e emprego que xurdirán tras a Era do petróleo. Poñer en marcha premios á mellor idea e/ou tecnoloxía ou ferramenta para o aforro enerxético e para a vida sen petróleo. Divulgar esta información para que se incremente ao máximo o acceso e uso de ditas tecnoloxías ou ferramentas. Favorecer a creación dunha rede de intercambio de coñecementos e de experiencias ligadas á adaptación ao Teito do Petróleo.

Efectos positivos adicionais

  • :-) Incidencia positiva na creación de emprego.
  • :-) Fomentará a creación de empresas.
  • :-) Porá as empresas locais en mellores condicións para competir.
Comparte a proposta

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía de Ames poidamos contribuír ao programa da Iniciativa Cidadá Ames Novo.

Rexístrate e presenta aquí a túa proposta, debate, valora, comenta ou suxerire melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada proposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.