static/images/logo-AN-r.jpg

Propuesta:

Aproveitar o proxecto de polígono industrial en Pegariños para, en coordinación coa USC, crear un parque científico (a USC, ao contrario que moitas universidades, non o ten) onde dar cabida as empresas innovadoras nos ámbitos da tecnoloxía dos materiais, biotecnoloxía, biomedicina e tecnoloxía medioambiental. 
Comparte a proposta

1
Comentario de Manuel Casal Lodeiro
Eu diría de centrar o apoio a empresas que innoven para un mundo pospetróleo e que poidan fornecernos de elementos que poidan paliar o descenso enerxético e a falla de materiais derivados do petróleo: http://amesnovo.org/consulta/propuesta.php?id=137

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía de Ames poidamos contribuír ao programa da Iniciativa Cidadá Ames Novo.

Rexístrate e presenta aquí a túa proposta, debate, valora, comenta ou suxerire melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada proposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.