static/images/logo-AN-r.jpg

Propuesta:

Descrición

Dar charlas a empresas de nova creación e ás xa existentes sobre o Peak Oil e as súas consecuencias, enfocándoas sobre todo ás consecuencias para os negocios e a economía local. Incidir no concepto de resiliencia.

Difundir e divulgar o problema do Teito do Petróleo mediante a organización, por exemplo, de xornadas dirixidas a todas as empresas de Ames (recomendable facelo por sectores) onde se dean a coñecer tanto o que é o Teito do Petróleo como as súas consecuencias, explicando claramente os posibles escenarios aos que se enfrontarán.

Comentarios

Poden tomarse como partida para estas comunicacións os escenarios elaborados polo Goberno Vasco (varios números da Revista Ekonomiaz) e outras entidades e autores de prestixio que se centran sobre os efectos previstos para cada sector da actividade económica.

Efectos positivos adicionais

  • :-) Incidencia positiva na creación de emprego.
  • :-) Fomentará a resiliencia do tecido empresarial.
Comparte a proposta

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía de Ames poidamos contribuír ao programa da Iniciativa Cidadá Ames Novo.

Rexístrate e presenta aquí a túa proposta, debate, valora, comenta ou suxerire melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada proposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.