static/images/logo-AN-r.jpg

1

Propuesta:

O Concello de Ames precisa crear unha Axencia Local de Desenvolvemento e Emprego, que dotada do persoal necesario para o labor desenvolvido, ofreza aos desempregados información, formación e orientación na búsqueda de emprego ao tempo que propicie e facilite o contacto entre aqueles e o  tecido empresarial e comercial do concello. A ADLE debe ademáis ofrecer o seu apoio aos emprendedores e fomentar a creación de novos modelos de empresa,  así como ofertar programas de formación acordes ás necesidades de desempregados e traballadores. Poñer en Valor o capital Humano do Concello.
Comparte a proposta

1
Comentario de Maria Isabel Seoane Blanco
Paréceme unha iniciativa moi interesante e tremendamente importante!
1
Comentario de Manuel Casal Lodeiro
Tamén podería orientar sobre maneiras de vivir sen emprego asalariado, á maneira de como propón Ted Trainer coas cúas Community Development Cooperatives. É dicir, xente autoorganizada en cooperativas fornecéndose uns a outros daquilo que cubra as súas necesidades. Aquí a moeda local podería cumprir un papel importante: http://amesnovo.org/consulta/propuesta.php?id=142
1
Comentario de Manuel Casal Lodeiro
Relacionado co que dicía: http://amesnovo.org/consulta/propuesta.php?id=122

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía de Ames poidamos contribuír ao programa da Iniciativa Cidadá Ames Novo.

Rexístrate e presenta aquí a túa proposta, debate, valora, comenta ou suxerire melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada proposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.