static/images/logo-AN-r.jpg

Propuesta:

O concello debe apostar por poñer en valor o capital humano de Ames, creando unha bolsa de prácticas e bolsa de traballo local: que facilite a incorporación ao mercado laboral dos xóvenes e aqueles que en tempos de crise vense na obrigada de reinventarse ou cambiar de sector - poñendo en contacto a experiencia (empresa) coa innovación e coñecemento (bolseiros)-. A bolsa de emprego, contribúe ao desenvolvemento económico local, permitindo  o contacto entre empresas e desempregados dentro do propio municipio, e sumando en  favor da conciliación, o coñecemento da contorna e o mercado por parte do traballador, a reducción nos tempo de desprazamento ao posto de traballo, etc.
Comparte a proposta

Para que serve esta web?

Para que a cidadanía de Ames poidamos contribuír ao programa da Iniciativa Cidadá Ames Novo.

Rexístrate e presenta aquí a túa proposta, debate, valora, comenta ou suxerire melloras a aquelas propostas publicadas.

Como saberemos cales son as propostas mellor valoradas?

Unha vez que te rexistres verás que cada proposta ten dous botóns “A favor” e “En contra”. É moi importante que establezas desta maneira que propostas apoias e cales non che gustan. Deste xeito os contidos filtraránse e poderemos ver o que resulta máis importante para toda a xente que participa neste espazo.